Sunday 12 de May de 2024

Riveira celebra este sábado o Día Europeo das Linguas cunha actuación dos Bolechas


Coincidindo co Día Europeo das Linguas este sábado 26 de setembro o Auditorio Municipal de Riveira vai dar cabida a un espectáculo ofrecido polos Bolechas.

A actuación terá lugar ás 18.30 horas e trátase dun espectáculo gratuíto dirixido ao público infantil e familiar promovido pola Rede de Dinamización Lingüística, na que está integrado o Concello de Riveira.

Os xa famosos Bolechas, deseñados por Pepe Carreiro, teñen unha cita o 26 de setembro cos seus amiguiños e amiguiñas máis fieis do Barbanza, a cativada de entre 4 a 8 anos, nunha nova viaxe chea de aventuras e de diversión.

Os asistentes poderán retirar as entradas (de balde) a partir de media hora antes do inicio da función.